No mes de abril 77 cangueses atoparon traballo
O paro volveu a descender en Cangas en abril, por terceiro mes consecutivo. O número de desempregados reduciuse en 77 persoas durante o pasado mes pasando dos 3247 veciños/as en situación de desemprego no mes de marzo a 3107 en abril.
Do total de desempregados que conseguiron traballo no mes de abril 19 foron persoas menores de 25 anos e 58 superaban esa idade. Por sexos 46 mulleres e 31 homes deixaron de estar en situación de desemprego.
O sector no que máis se notou este descenso foi no do servizos (-27) seguido da agricultura e a pesca (-20), a construción (-8) e a industria (-7). Ademais en abril 15 persoas sen experiencia laboral previa atoparon o seu primeiro traballo.
No que vai de ano un total de 242 cangueses e canguesas atoparon traballo.
Berta Pérez afirma que dende a concellería de emprego seguirán traballando para continuar mellorando estas cifras.











