Nigrán informa sobre a nova convocatoria para viaxes do imserso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán informa que o IMSERSO iniciou unha nova convocatoria durante a tempada 2014/2015 do programa de vacacións para maiores, que inclúe os destinos de Península e Baleares, Canarias, Circuítos Culturais e Turismo de Natureza.

Para poder participar neste programa débese ter como mínimo 65 anos ou pensionista con 60 anos ou de viuvez con 55 anos cumpridos. Tamén se admiten como acompañantes os fillos con discapacidades cuxo grao de minusvalía sexa igual ou superior ao 45%.

O prazo para presentar as solicitudes termina o 2 de xuño. Para maior información poderán dirixirse ao Departamento Municipal de Servizos Sociais de Nigrán, ou chamar ao número 986 365 000, extensión 4, os martes e xoves, con cita previa.

9 de maio de 2014 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.