Nigrán abre o prazo de inscrición para o campamento de verán
O Concello de Nigrán abrirá nos próximos días o prazo de inscrición para o campamento de verán 2014, organizado polo CIM e cofinanciada pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo, dirixido a favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. O campamento está destinado a nenos e nenas nacidos entre os anos 2003 e 2009, e desenvolverase do 25 de xuño ao 31 de xullo, de luns a venres, nas instalacións do CIP de Panxón.
Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina Municipal de Turismo, no rexistro municipal ou descargarse a través da páxina web www.nigran.org. Máis información no Centro de Información ás Mulleres, na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola Vía, número 65, Panxón, ou no teléfono 986 383 081.











