publicidade hoxe

Negreira S.D. gaña o I Torneo de Fútbol Base Concello da Baña en categoría benxamín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BañaDeportes
A-
A+
Equipos participantes no torneo

Equipos participantes no torneo

O Negreira S. D., en categoría benxamín, e so S. D. Dubra, fixéronse este fin de semana co I Torneo de Fútbol Base Concello da Baña. A localidade do Val da Barcala viviu unha xornada de festa e deporte base. A afluencia de público ao campo de fútbol de Cartas superou con moito todas as previsións da organización. Nin o partido entre o Barcelona e o Atlético de Madrid que coincidiu ca disputa das semifinais do torneo lle restou xente ao campionato. Durante o pasado sábado respirouse fútbol e festa. Os protagonistas foron o bo tempo e os 200 nenos e nenas que formaban as plantillas dos equipos participantes. O éxito desta nova cita deportiva garantiza que para o próximo ano se celebra a segunda edición, según os organizadores.

En canto os resultados deportivos, non houbo sorpresas. Como se esperaba, as finais xogáronas os equipos da S.D. Dubra e o Negreira S.D., despois de desfacerse nas semifinais dos equipos do Xallas de Santa Comba e Os Miudos de Muros.
As duas finais foron moi disputadas e resolvéronse na tanda de penaltis. Mentres en categotía benxamín vencía o Negreira, na categoría alevín faciao a S.D. Dubra. Estes equipos tamén se repartiron os premios de máximo goleador e porteiro menos goleado nas duas categorias.

Remataba o trofeo alá polas 21:00 horas despois de 12 horas de fútbol, e entre o público, os participantes e a organización non se falaba doutra cousa que non fose do rotundo éxito do torneo e da deportividade que se respirou durante toda a xornada. Os organizadores confirmaron que o próximo ano haberá segunda edición. E terán o difícil reto de superar o éxito deste ano. A concellería de Xuventude e Deportes do Concello da Baña a través do seu concelleiro Manuel Tourís quere agradecerlles a todos os equipos participantes e os patrocinadores a súa colaboración.

19 de maio de 2014 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.