Neda destina 100.000 euros ao acondicionamento de camiños e pistas e limpeza de cunetas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda destinará o 100% dos 101.020,50 euros que recibirá do programa DTC da Deputación provincial da Coruña á mellora da rede viaria municipal. As actuacións dividiránse en traballos de pavimentación e instalación de elementos de seguridade nalgúns casos e na limpeza de cunetas ao longo de preto de 18 quilómetros (en ambas marxes). Así se aprobou por unanimidade na sesión plenaria celebrada onte no consistorio nedense.

Máis ao detalle, o Concello actuará en 329 metros do camiño da Roseira –parroquia de San Nicolás, onde procederá á pavimentación do vial por rego asfáltico; en 175 metros da rúa Victorino Novo (arteria de comunicación entre a Avenida de Xuvia e Casadelos), con pavimentación por mezcla bituminosa en quente e previo fresado parcial; as mesmas obras levará a cabo en 195 metros do Camiño Vello (na zona da Volta do Pouso); en 105 metros no camiño do Cal (na Cruz do Pouso) procederá á pavimentación con zahorra natural compactada; en 55 metros do camiño en Escorial (tamén en Cruz do Pouso) executará un rebacheo e doble tratamento superficial, así como a prolongación da cuneta cuberta; no mesmo lugar, pero na zona da Gandarela (xa en Maciñeira), aplicará un rego de sellado en 50 metros; en Albarón (no entorno do centro de saúde) e Vilar (en Casadelos) instalará unha bionda de protección ao longo de 20 metros (en cada un dos casos); na rúa Valle Inclán (xunto á Casa das Palmeiras) procederá ao fresado e rebacheo en 325 metros e, finalmente, realizará a limpeza de cunetas en ambos marxes do viario público en diversos emprazamentos do termo municipal, ata completar 17.800 metros lineais.

En todos os casos, as vías nas que se actuará contemplan un importante tráfico rodado e dan servizo a núcleos agrícolas e gandeiros, así como a núcleos de poboación. Así mesmo, o seu estado obriga ao Concello a un mantenemento continuo. Cos traballos proxectados búscase dotar ás pistas e camiños dunha cobertura asfáltica e sellado que evite o seu progresivo deterioro pola infiltración de auga.
Noutro orde de cousas, o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, levou a pleno unha declaración de recoñecemento e agradecemento polas xestións levadas a cabo tanto polo Goberno de España como polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e que en última instancia permitiron a consecución dos contratos para a construcción dun Buque de Acción Marítima (BMA) para a Armada Española –recuperando o programa de pedidos da Armada interrompido hai oito anos e o do flotel para Pémex asinado hai escasos meses. Xestións que suponen
un balón de oxíxeno para o naval. Así mesmo, na declaración o rexidor instaba a ambas administracións a continuar nesta liña e intensificar as accións comerciais para conquerir novos encargos para Navantia na ría.

16 de maio de 2014 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.