publicidade hoxe

Neda albergará a I Feira de Artesanía e Oportunidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A real vila de Neda acollerá a primeira edición da súa Feira de Artesanía e Oportunidades o próximo mes de xuño. O domingo, día 15, celebraráse a cita durante toda a xornada nun entorno privilexiado, o paseo marítimo, no treito que discorre entre o parque infantil Agatha Ruiz de la Prada e a actual ubicación do Bus de Neda. A organización prevé a participación duns 80 postos. Todos eles baixo carpa, co ánimo de evitar que a cita quede empañada se o tempo non acompaña.

A Feira de Artesanía e Oportunidades ofrecerá ao público a oportunidade de adquirir todo tipo de productos, dende roupa e bisutería ata manualidades, decoración ou galletas artesanas ou chucherías para os máis pequenos da casa. Así mesmo, a Feira reserva un espazo para a compravenda de artigos de segunda man, a prezos sen comparación e en perfectas condicións.

Unha cita para non perderse que virá precedida, o día 14, pola limpeza programada na beira do río Xuvia. Acción que promoven Concello de Neda e asociación Los Delfines e á que invitan a participar a toda a veciñanza. Tan só é preciso presentarse nesa xornada pola mañá e colaborar.

22 de maio de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.