Neda acollerá unhas xornadas de traballo en torno ao PXOM entre equipo redactor e corporación
Tal e como avanzara aos grupos municipais o pasado 31 de marzo en comisión de Urbanismo o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, o Concello organizará unhas xornadas de traballo en torno ao Plan Xeral de Urbanismo. Celebraránse este xoves, 15, e venres, 16, e nelas participarán os integrantes do Equipo Redactor e a totalidade dos concelleiros da corporación grupo de goberno e oposición. O equipo dará traslado de toda a documentación aos edís, coa correspondente explicación pormenorizada, ademáis de atender todas e cada unha das consultas que xurdan en torno ao documento. Será o paso previo á aprobación inicial en pleno, nunha sesión que o alcalde prevé convocar a continuación. Nese momento, o plan pasaría exposición pública para alegacións e, de forma paralela, o Concello requerirá entón os informes sectoriais das distinas administracións. O procedemento continuaría coa convocatoria dun novo pleno para a aprobación provisional do plan e, por último, a súa remisión á Xunta de Galicia, quen ten a última palabra sobre a aprobación definitiva das normas urbanísticas.
Neste senso, o alcalde recoñece que pese a que non se pode contentar a todo o mundo á hora de aprobar un Plan Xeral de Ordenación Municipal, o documento elaborado polo Equipo Redactor busca mellorar aínda máis unhas normas subsidiarias vixentes na actualidade que en si mesmas son moi positivas. En liñas xerais, o PXOM adapta o planeamento ao novo marco normativo a todas aquelas leis e normas que se foron aprobando nos últimos anos, como a nova Lei do Solo. Así mesmo, afianzaránse zonas de chan urbano, completándoo con áreas periurbanas que se foron engadindo ao tecido urbano a pesares de que na actualidade non teña esa calificación. Adáptanse os núcleos rurais ao novo marco normativo e establécense novas delimitacións dando solución á realidade existente (incorpóranse aos núcleos edificacións construídas en base á anterior Lei do Solo e que agora están fóra de ordeación). De igual xeito, téntase conectar os núcleos rural e urbano limítrofes (un todo continuo, evitando fracturas artificiais) e proxéctase unha bolsa de solo industrial de baixa densidade para dar solución a un problema puntual de Neda como é o estacionamento de vehículos pesados (unha flota duns 150 rexistrados) e a posible implantación de industria lixeira.
O documento pretende revisar e actualizar a relación de edificios catalogados, incorporando elementos menores. Nos actuais solos urbanizables facilítase o seu desenvolvemento ao tratalos como áreas de reparto e búscase solución ao solo sen clasificar. Ampliaránse as reservas de solo para uso dotacional e zonas verdes ata cumplir cos estándares da nova Lei do Solo (na actualidade, Neda conta cunha quinta parte do esixido) e adáptase o planeamento ás directrices da Lei do Litoral e ás Directrices de Ordenación do Territorio.