publicidade hoxe

Neda acolle unhas xornadas de traballo sobre o PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O salón de plenos da casa consistorial de Neda foi escenario hoxe da primeira xornada de traballo en torno ao Plan Xeral de Urbanismo. Xornada convocada polo alcalde, Ignacio Cabezón, co ánimo de que os integrantes do Equipo Redactor do documento urbanístico desen conta do mesmo a todos os concelleiros da corporación interesados –grupo de goberno e oposición– e atendesen as consultas destes. Mañá venres, celebraráse a segunda das xornadas previstas. A intención do alcalde é levar o plan a pleno, para a súa aprobación inicial, este mesmo mes de maio.

15 de maio de 2014 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.