Neda abre o prazo para participar no Programa de Turismo Social para maiores
O Concello informou esta mañá da apertura do prazo para solicitar praza no Programa de Turismo Social do IMSERSO 20142015. E, neste, ofértanse as seguintes modalidades: estadías en zonas costeiras, con destino a Canarias, Baleares, Andalucía, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana; circuitos culturais para coñecer a historia e arte de España, e turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.
Este programa de vacacións vai destinado a todas as persoas maiores de 65 anos pensionistas do Sistema Público de Pensións, e o prazo para presentar as solicitudes conclúe o vindeiro 5 de xuño. Así, dende o Concello sinálase que todas as persoas interesadas en participar poden anotarse ou solicitar máis información na oficina municipal de Servizos Sociais (pranta baixa da casa consistorial), en horario de mañá.











