Mozos de toda Europa reúnense na Deputación da Coruña cun programa de acción social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Mariel Padín, recibíu esta mañá aos participantes no programa “La inclusión social y su influencia en la democracia”, promovido pola Asociación de Veciños San Roque de Xabariño (Curtis) e aprobado pola Agencia Nacional Española del Programa Juventud en Acción na convocatoria de octubre de 2013.

O proxecto, cunha duración de 5 meses, conta coa participación de 32 mozos de entre 18 e 30 anos procedentes de Estambul (Turquía), Tallín (Estonia), Vilanova de Gaia (Portugal), Pavlikeni (Bulgaria), Bucarest (Rumanía), Nograd (Hungría), Gavoi (Cerdeña), Castello D’Umberto (Sicilia) e Curtis (España).

O perfil dos participantes, actualmente nun encontro de traballo en Galicia, está relacionado con líderes da mocidade, representantes de organizacións xuvenís e mozos interesados no contacto cos responsables políticos e o diálogo estruturado.

Durante o encontro coa vicepresidenta provincial, os xoves puideron coñecer o funcionamento da Deputación da Coruña e as políticas de inclusión social que leva a cabo a institución.

2 de maio de 2014 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.