Mostra sobre a uniformidade da Garda Civil ao longo do século XX no Museo Histórico Militar da Coruña

Belén do Campo na visita á exposición
A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, visitou esta mañá a exposición A uniformidade da Garda Civil ao longo do século XX, que organiza o Museo Histórico Militar da Coruña e a Asociación de Amigos do Museo. A mostra, realizada con motivo do 170 aniversario da fundación da Garda Civil, clausurarase o vindeiro sábado, despois de máis dun mes aberta ao público. No seu percorrido, Do Campo estivo acompañada polo coronel Fernando Mariño.











