Mos reduciu sensibleme o índice de desemprego dende febreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Dende a concellería mosense de Formación e Emprego que dirixe o edil e tenente alcalde do Concello de Mos, Óscar Soto, fíxose pública hoxe a positiva noticia do descenso do paro na localidade mosense.

“Despois dun primeiro trimestre no que a destrucciónvía ERES, pricipalmente, castigounos duramente, agora volvemos á senda da creación e colocación, con datos de descenso, sobre todo este último mes, razoablemente optimistas”, declaraba Soto esta mañá.

“Tendo en conta que os signos de recuperación da economía empezan a ser evidentes, como o indican os diferentes índices económicos e mesmo así se afirma dende diferentes organismos prestixiosos internacionais,e que as previsións futuras fan que confiemos en que por fin, e dunha vez portodas, deixarase de destruír emprego e empezar a crear traballo consolidado na bisbarra”; explicou o responsable do departamento municipal de Formación e Emprego.

Tal e como se viu argumentando en anteriores ocasións, son varios os elementos da idiosincrasia do municipio de Mos os que fan posible esta baixada do número de veciños e veciñas en situación de desemprego, tales coma contar dentro das fronteiras do termo municipal co Parque Empresarial Mos-Veigadaña que se atopa nun momento de despunte e contribúe a que a de Mos sexa a cuarta localidade en volume industrial de toda a provincia de Pontevedra, a celebración anual de cursos AFD (Accións Formativas para Desempregados) da Xunta de Galicia, os Obradoiros Municipais de Emprego, e a Axencia Local de Colocación, que vai ser unha ferramenta fundamental dentro das políticas municipais activas de emprego, entre outros.

Ademais, os logros acadados dende a concellería de Formación e Emprego respecto da reducción do número de desempregados son debidos, en boa parte, segundo explicou Óscar Soto “ós departamentos de orientación laboral e de asesoramento a emprendedores do Concello de Mos, realidade esta que se ven demostrando pola media de 8 desempregados en primeira visita diarios ós que atende o primeiro departamento citado, que veñen sendo un mímimo de 240 desempregados ó mes; e polo importante incremento detectado de usuarios demandantes do servizo de asesoramento a emprendedores, o que demostra que esta fórmula de automemprego está pasando de ser un discurso a unha realidade e son moitos os desempregados que optan por esa fórmula como alternativa. Concretamente, o departamento municipal de asesoramento a emprendedores está atendendo actualmente unha media de 4 proxectos á semana, proxectos dos cais se estudia a súa viabilidade e, unha vez certificada a mesma dáselle ó emprendedor en cuestión unha pauta cos pasos a seguir para poñer en marcha o seu negocio, indicándoselle ás administracións ás que ten que dirixirse, os trámites burocráticos a realizar, etc.”.

A comarca de Vigo ven experimentando un descenso pronunciado e continuado do número de desempregados dende o pasado mes de febreiro do presente ano. De febreiro a marzo o paro reduciuse en 320 persoas, e de marzo a abril en 932 desempregados menos. De xeito que en abril había na comarca de Vigo preto de mil parados menos que o mes anterior.

Sobre estes datos que vislumbran unha realidade que invita ó optimismo, aínda que moderado, Soto declarou esta mañá que “o desemprego segue a ser un dos catro pilares fundamentais da liña de traballo do goberno local, no que se leva mellorado sensiblemente, tal e como se prometera ó comezo da presente lexislatura, mellora acadada a pesar do esceario hostil a nivel nacional en materia de emprego, a situación de crise económica e as escasas competencias municipais sobre o emprego; así coma que Mos é a cuarta localidade da provincia de Pontevedra en tecido empresarial e industrial, polo que, ante o peche ou reducción de plantilla dunha gran empresa do termo municipal, este e os seus veciños sufren enormemente quedando reflectido nas cifras do paro local”.

7 de maio de 2014 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.