publicidade hoxe

Monforte “retrata” a Díaz Castro nun obradoiro creativo para rapaces e rapazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O próximo luns día 19 de maio, co gallo do Día das Letras Galegas, terá lugar na Biblioteca Municipal un obradoiro creativo titulado “Retratando a Díaz Castro”.

O obradoiro consiste na realización dun deseño do retrato de Díaz Castro co empeño de dar a coñecer a este escritor de relevancia na literatura galega. No mesmo, os rapaces e rapazas de 5 a 12 anos, aprenderán a técnica do collage, debuxando cun estilo cubista e utilizando a perspectiva múltiple, a máis axeitada para plasmar a dobre faceta do autor: poeta e tradutor.

A actividade, realizada polo grupo de teatro Babaluva, terá lugar ás 18:00 horas na Casa da Cultura.

Os rapaces e rapazas que desexen participar terán que inscribirse previamente na Biblioteca Municipal, dende o día 13 ata o día 16 de maio.

O número de prazas é de 20, cubríndose por orde de inscrición.

A actividade, organizada polo concello de Monforte e a Xunta de Galicia, enmárcase no programa “Ler conta moito”, promovido pola Consellería de Cultura a través da Rede de Bibliotecas.

13 de maio de 2014 | 11:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.