Monforte falla os premios dos certames de Narración e Debuxo “Letras Galegas 2014”
O xurado encargado de seleccionar os traballos gañadores do concurso de Narración e Debuxo “Letras Galegas 2014” premiou a 18 alumnos/as en diversas categorías, segundo a idade dos participantes nos certames.
No certame de narración recibiron premio cinco alumnos/as do CEIP A Gándara, dous do colexio PP. Escolapios, e dous do colexio Fundación Torre de Lemos.
No certame de debuxo, o alumnado do colexio PP. Escolapios logrou cinco premios e o do colexio Ferroviario obtivo dous, mentres que o CEIP A Gándara e o CEIP Monforte contaron cun premiado nesta modalidade.
Dende a concellería de Educación e Cultura agradécese a participación dos escolares neste certame e felicítase ós gañadores/as.
A entrega de premios terá lugar o mércores día 28 de maio, ás 12 da mañá na Biblioteca Pública Municipal.
Os rapaces e rapazas premiados/as foron os seguintes:
NARRACIÓN
Categoría A ata 8 anos
1º Anxo Somoza González 8 anos CEIP A Gándara
2º Suso Lois López 8 anos CEIP A Gándara
3º Álvaro Buitrón Amaro 7 anos CEIP A Gándara
Categoría B : 9,10 e 11 anos
1º Lara Moure Álvarez 11 anos Colexio PP Escolapios
2º Iria Prieto Mariño 11 anos 11 anos CEIP A Gándara
3º Xiana Muñoz Fernández 9 anos CEIP A Gándara
Categoría C de 12 a 16 anos
1º Inés Méndez Fernández 12 anos Fundación Educativa Torre de Lemos
2º Lucía Amaro Losada 14 anos Colexio PP Escolapios
3º Jesús González Fernández 12 anos Fundación Educativa Terra de Lemos
DEBUXO
Categoría A
1º María Rodríguez Torres 7 anos Colexio PP Escolapios
2º Lois González Pérez 7 anos Colexio PP Escolapios
3º Candela Sánchez 7 anos CEIP A Gándara
Categoría B
1º Tomás Rodríguez Castro 10 anos Colexio Ferroviario
2º Gael Trujillo Quiroga 10 anos Colexio Ferroviario
3º Pablo López Vázquez 9 anos CEIP Monforte de Lemos
Categoría C
1º Lana Vázquez Pedreda Colexio PP Escolapios
2º Lucía Amaro Losada 14 anos PP Escolapios
3º Yaíza Valcárcel Galán 12 anos PP Escolapios











