publicidade hoxe

Monforte acolle esta semana tres representacións no Certame de Teatro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

OXXIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte continúa desenvolvéndose esta semana coas representacións que levarán a cabo tres centros educativos.

As datas e o título das obras que poderemos ver esta semana son as que seguen:

Martes 13: CEIP A GÁNDARA  

AVENTURAS DE ZONGALO QUIRICO

A grande escritora Letra Grande e as súas musas bolboretas contarannos a historia de ZongaloQuirico, presumido e inxenuo, que se deixará levar pola fantasía cando recibe unha invitación á cea que dará o misterioso Tío Perico.

Mércores 14: ANPA A LAGOA – CEIP MONFORTE          

AI, MAMASIÑA, QUE MEDO¡

As xentes do pobo de Monfortis teñen un medo terrible ao xigante Xuvenco que vive no castelo.

Por un casual, aparecerán por alí a bruxa Celidonia Froitosa e as súas compañeiras, que contactarán co Morcego, amigo do Xuvenco, quen lles pedirá axuda.

Xoves 15: PP. ESCOLAPIOS    

APRENDENDO A LER

“Aprendendo a Ler” preséntanos personaxes de diferentes contos que nos ensinan o valor dos textos e a importancia de cultivar o hábito da lectura.

O Certame iniciouse o pasado martes día 6 de maio coa actuación do alumnado do colexio P. Ferroviario, que puxo en escena a obra “Convídote a soñar”, e continuou o mércores día 7 coa obra “O misterio das risas”, a cargo do alumnado do IES A Pinguela.

O CEE Infanta Helena e a asociación PRODEME pecharán o Certame a vindeira semana.

As representacións lévanse a cabo na Casa da Cultura ás 20:00 h. e a entrega de premios realizarase o día 20 de maio, unha vez que finalice a representación do colexio Infanta Helena.

12 de maio de 2014 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.