Modificacións no tráfico pola Volta Ciclista da Ascensión
Os participantes concentraranse entre as 14.00 h e as 15.00 h na avenida Xoán Carlos I e a saída neutralizada terá lugar ás 16.30 horas. O percorrido será o seguinte: Rosalía de Castro, Choupana, Volta do Castro, Ponte da Rocha e Milladoiro. Regresarán sobre as 19.00 h pola estrada de Noia, Vidán, Mestre Mateo, Camiño Novo, Rosalía de Castro e Xoán Carlos I, onde estará situada a meta.
Por este motivo, a avenida Xoán Carlos I estará cortada ao tráfico entre as 13.30 h e as 20.00 h do propio xoves 29 e non se poderá estacionar nin na devandita avenida nin na rúa Carreira do Conde durante todo o día. Habilitarase como vial alternativo a rúa Montero Ríos, en dirección praza de Galicia desde Rosalía de Castro, e o Pombal en dirección saída da cidade. No resto das rúas polas que transcorre a carreira produciranse cortes puntuais.
Todos os cortes e os desvíos estarán debidamente sinalizados e atendidos pola Policía Local. O Concello prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan causar.