Membros da Asociación Provincial de Representantes de Comercio de Vigo visitan as minas de San Finx

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+
Visita dos comerciantes ás minas de San Finx

Visita dos comerciantes ás minas de San Finx

Un total de 55 membros da Asociación Provincial de Representantes de Comercio de Vigo realizaron unha visita guiada ás minas de San Finx, en Lousame. Durante algo máis de hora e media, coñeceron a historia das minas e a súa evolución ao longo dos anos. Os visitantes amosaron o seu interese pola explotación hostaleira do complexo como polas grandes máquinas presentes no museo, que compararon coas do naval de Vigo.

A Asociación Provincial de Representantes de Comercio de Vigo, fundada en 1954, ten por obxecto a representación, xestión e defensa dos intereses xerais e comúns dos seus asociados, á que poden adscribirse: os representantes do comercio por conta allea, os vendedores ou promotores de venda ou quen interveñan en operacións de intermediacións comerciais e mercantís.

26 de maio de 2014 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.