Medio cento de veciños de Lousame disfrutan do microteatro de catro compañías de teatro galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

Un total de 52 veciños e veciñas de Lousame, de todas as idades, participaron este domingo na actividade “Microteatro”, unha iniciativa dirixida por Gustavo García Dieste e que reuniu na Casa da Cultura de Lousame a catro compañías galegas: Tik Tak Teatro, Teatro do Improvisto, Brandomín Teatro e o grupo de teatro de Lousame. Durante algo máis dunha hora, estes veciños percorreron as distintas estancias da Casa da Cultura (biblioteca, sala de exposicións, sala de música…) para asistiren a pequenas representacións teatrais nas que o principal era a interactuación entre os actores e o público, lonxe da “comodidade” das butacas do salón de actos.

Tik Tak Teatro presentou unha escena de “A muller que comezou a contar ata dez e xa non parou”, unha peza que representará na súa totalidade o vindeiro 8 de xuño no salón de actos da Casa da Cultura de Lousame. Algo semellante fixeron os actores do grupo de teatro de Lousame, coa súa peza “Sopa de radio”. Pola súa banda, Teatro do Improvisto e Brandomín Teatro ofreceron escenas das súas últimas obras, “A incerta viaxe dos señores Nowinzki” e “Nichos”, respectivamente.

20 de maio de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.