Medio cento de persoas participarán na II Quedada Fotográfica Real Vila de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Medio centenar de persoas do municipio, pero tamén de localidades veciñas, participarán o próximo sábado 10 de maio na segunda edición da Quedada Fotográfica Real Vila de Neda que promove o Concello. Tras centrarse no 2013 na Ruta dos Muíños, a concelleira de Promoción Turística, Montse Rico, apuntou que nesta ocasión a temática elixida será o Camiño Inglés ao seu paso por Neda.

De feito, o punto de partida dos fotógrafos – profesionais e afeccionados– será o Albergue Municipal de Peregrinos, o único na comarca. Dende alí partirán ás 10 horas para retratar os extraordinarios recursos naturais e tamén arquitectónicos que garda a ruta. Ao remate da Quedada, os fotógrafos poderán aportar dúas das imaxes da xornada e, de entre todas elas, o Concello elixirá os mellores traballos para configurar unha exposición na Casa das Palmeiras.

Na organización do evento, o Concello conta coa colaboración do fotógrafo local Tomás Morado. Así mesmo, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil prestará o seu apoio á marcha e, na mesma, prevése que tamén participen estudantes de Turismo –actualmente en prácticas no Concello– para ir ofrecendo as correspondentes explicacións sobre os principais recursos da vila.

2 de maio de 2014 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.