Medio Ambiente elimina dous vertidos procedentes de dúas vivendas en Boiro
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de poñer fin a dous vertidos procedentes de dúas vivendas particulares sitas nos lugares de Banda ao Río, Castro e Peralto, Lampón no Concello de Boiro.
A existencia desta incidencia foi detectada polo persoal pertencente ao servizo de inspección do Plan de Control de Vertidos (PCV), que tamén comunicaron ao Concello de Boiro a necesidade de adoitar medidas para a súa emenda, que foron trasladas aos titulares dos focos contaminantes.
Nunha nova visita efectuada ao lugar, por parte dos técnicos de Augas de Galicia, comprobouse que ambas vivendas procederon a conectar as augas residuais vertidas á rede de saneamento municipal, mediante a realización da correspondente acometida domiciliaria.