Mario Castro e David Salvadores gañan o II Certame de Audiovisuais das Letras Galegas en Carral
O alcalde José Luis Fernández Mouriño entregou os premios da segunda edición do Concurso de Audiovisuais das Letras Galegas, na que participaron 13 alumnos da ESO de Carral.
A peza gañadora foi a elaborada por Mario Castro Rodríguez e David Salvadores Castelo de 1º da ESO. En segundo lugar quedaron Paula Rey e Nerea López e como terceiros clasificados quedaron Alex Botana e Rubén Aguión.Os premios entregáronse no XI Congreso da Mocidade pola Lingua, que organiza o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Vicente Otero Valcárcel.
Este certame pretende fomentar nos mozos e mozas da ESO a súa creatividade no ámbito audiovisual, á vez que contribuír á difusión do valor da nosa lingua e a dos seus principais protagonistas.
O concurso de audiovisuais está organizado polo Servizo municipal de Normalización Lingüística e a Concellería de Cultura, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.











