Marín desenvolverá un programa de reorientación laboral con prácticas titorizadas
O Concello de Marín ven de asinar un Convenio de Colaboración con Bidef Consultoría para o desenvolvemento dun Programa de Reorientación laboral/mellora da empregabilidade con compromiso de prácticas non laborais titorizadas e con axuda económica en empresas.
O Programa de Recualificación Profesional ao Ámbito Comercial consiste nun Programa de Emprego dirixido a desempregados do municipio con formación cualificada que consta de dúas etapas:
1ª Etapa de Formación: Mediante a impartición do curso “A Profesión de Comercial: Desarrollo Comercial e Vendas” de 24 horas de duración que capacita aos alumnos para iniciar unha carreira profesional na área comercial dentro do seu ámbito de formación académica e nos tres ámbitos da función comercial que pode ter unha empresa: Técnico-Comercial, Administrativo Comercial ou Comercial no Sector Servizos.
2ª Etapa de Prácticas non laborais Titorizadas e Remuneradas: De 2 meses de duración donde os alumnos poderán por en práctica o aprendido na etapa formativa e ter a oportunidade de ser contratado por a empresa ao finalizar as prácticas. Durante o desenvolvemento das mesmas os alumnos percibirán unha aportación económica de 200€ en concepto de axuda ao desplazamento e manutención.
A participación no programa terá carácter gratuito.
Aqueles/as candidatos/as interesados/as terán que estar en posesión dun título universitario ou FP II, preferentemente nas áreas de Economía, Comercio e Marketing, Publicidade, Electricidade ou Enxeñerías, e inscritos como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego. A posesión do mesmo, así coma da situación de desemprego, haberá que acreditala cos títulos orixinais e a tarxeta de demandante de emprego o día da selección.
O vindeiro mércores 4 de xuño ás 10 horas terá lugar na casa principal da Finca de Briz (Parque dos sentidos) a presentación do programa e posterior selección de candidatos para participar no mesmo.
As persoas interesadas poderán inscribirse na Axencia de emprego e desenvolvemento do Concello de Marín, ubicada na Finca de Briz, ou chamando ao teléfono 886204352 ou no enderezo de correo electrónico aedlmarin@gmail.com











