María Castelao asegura que “non dubidaba” da legalidade do acordo
A concelleira de Educación do Concello de Santiago, María Castelao, asegurou que “non dubidou” en ningún momento da legalidade do acordo adoptado para pagar a defensa ao edil Adrián Varela, imputado na ‘Operación Pokémon’.
Na súa declaración no xuízo que se segue contra sete edís composteláns acusados dun suposto delito de prevaricación, María Castelao indicou que se aprobou o pago á espera de que se cumprisen os condicionantes, como “un futurible”.
Así mesmo, e antes de abandonar a sala alegando un problema médico, Castelao reiterou, como os seus compañeiros de filas, que o acordo estaba supeditado ao cumprimento dos condicionantes.











