Marcelli proclámase vencedor en cadetes e Martín Riobó en xuvenil-A na 3ª proba do Cto. de España de Trial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportesDeportes Portada
A-
A+
Podio da proba de trial en Cangas

Podio da proba de trial en Cangas

Celebrouse en Aldán (Cangas do Morrazo) a que foi a 3ª proba do Cto. de España de Trial Júnior e Trofeo Nacional TR2, TR4 e Cadetes, 2º proba para o Cto. España de Trial Féminas A e Copa de España de Trial Féminas B, Xuvenil A e Xuvenil B, e a 3º proba do Cto. Galego de Trial.

No Trofeo Nacional Cadete o vencedor foi o galego Gabriel Marcelli, cunha grande diferenza de puntos sobre o segundo clasificado e que xa vencera as dúas probas anteriores.

Outro galego, neste caso o piloto local Martín Riobó, foi o vencedor na Copa de España Xuvenil A. Tras esta vitoria situase a fronte da clasificación provisional empatado a puntos co francés Hugo Dufrese, cando so falta unha proba que se celebrará o 5 de xullo en Pobladura (León).

No Trofeo Nacional de TR3 o piloto de Ourense Rubén Gómez clasificouse na 3ª posición e o seu irmá Iago que volvía a competición nesta proba clasificouse 5º.

Tamén na categoría de Féminas B houbo unha participante galega, Verónica Miguens, que finalizo una 4ª posición.

A próxima proba do Cto. Galego de Trial celebrarase o 18 de maio en Vila de Cruces, mentres que o Cto. de España de Trial Júnior e Trofeo Nacional TR3, TR4 e Cadetes continuará coa proba a celebrar en Andorra o 22 de xuño e o Cto. de España Trial Féminas A e Copa de España Féminas B, Xuvenil A e Xuvenil B terán a seguinte competición en Pobladura o 5 de xullo.

Acompañamos con nota prensa da RFME, clasif. da proba e fotografías do vencedor en Xuvenil A (Martín Riobó), do pódio de Cadetes (co vencedor Gabriel Marcelli) e de TR3 (con Rubén Gómez como 3º clasificado).

5 de maio de 2014 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.