Máis que comercio! no CCA Ourense Centro elixe a Intersport Bouso como o establecemento favorito

Entrega do diploma ao responsable da empresa
Os participantes na iniciativa Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolveu durante todo o mes de abril nos establecementos asociados ao CCA Ourense Centro, elixiron como o seu comercio favorito a tenda deportiva Intersport Bouso.
Este negocio, que o próximo ano celebrará o seu 50 aniversario e que ten o seu buque insignia na rúa Curros Enríquez, foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5€ de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu comercio preferido. A participación nesta iniciativa no centro comercial aberto Ourense Centro foi elevada, chegando a rexistrase un total de máis de 7.200 xogadas.
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que foi a encargada de entregar o diploma ao establecemento máis votado nun acto no que tamén se entregaron os agasallos aos clientes gañadores, salientou que ademais de poñer en valor o traballo dos centros comerciais abertos, Máis que comercio! ten por obxectivo resaltar os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade.
A iniciativa da Consellería de Economía e Industria, que percorrerá Galicia durante todo o ano, desenvolvéndose cada mes en cinco centros comerciais abertos, celébrase durante o mes de maio no CCA Ourense Norte.