Mais dun centenar de nenos inscríbense na VI Feira da Familia de Ribadumia
A partir das 16:00 horas do domingo, a Praza do Concello de Ribadumia convertirase nun espazo de encontro lúdico e social das familias. Varios monitores ocuparanse dos talleres que preparan para nenos e pais: maquillaxe, globoflexia, inchables, búfalo mecánico e grande festa de animación e de paiasos. Todos os obradoiros estarán amenizados con música e o Concello de Ribadumia, ademais, porá a disposición dos participantes un servizo de merenda para coller forzas e continuar con todas as actividades organizadas.
Todas as actividades son gratuítas e abertas ao público en xeral, pero desde o Concello de Ribadumia abren a inscrición previamente nas oficinas municipais para poder facer unha estimación do número de participantes e obter un axeitado desenvolvemento das actividades. Isto é fundamental para o servizo de merenda, xa que no momento de anotarse entregarase un tícket aos asistentes que poderán trocar o día da feira. e un servizo de merenda para que os máis cativos que poden pasar toda a tarde disfrutando da festa.











