Máis de 50 persoas de COGAMI desprázanse ata a Mariña para a XXIV Asemblea anual

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O sábado, 24 de maio, o centro de recursos para persoas con discapacidade de Palmeiro, en Xove (esquina estrada da Regueira con urbanización Palmeiro, s/n) acolle a XXIV Asemblea Xeral Ordinaria da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

Antes da Asemblea, ás 11:00 horas, haberá un acto no que van participar:

Alcalde de Xove, José Demetrio Salgueiro

Vicepresidenta 2ª da Deputación de Lugo, Lara Méndez López

Ex-Presidente de A Mariña-COGAMI, Nemesio Quelle

Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga Vila.

Ao acto asistirán ademais os alcaldes dos concellos de Trabada, Burela, Lorenzá e O Valadouro e tamén confirmaron a asistencia a Tenente de Alcalde de O Vicedo e a Concelleira de Servizos Sociais de O Cervo.

Ás 12:00 horas é cando iniciará a asemblea, na que se fará un resumo de todas as actividades realizadas por COGAMI durante o ano 2013 e se presentarán os proxectos programados para o exercicio actual.

22 de maio de 2014 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.