Máis de 200 deportistas participarán na Copa Internacional Cidade da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

Este próximo sábado día 3 de maio celebrarase a novena edición da Copa Internacional Cidade da Coruña de Taekwondo no Pavillón de Los Rosales (a partir das 10 horas, entrada gratuíta) coa participación de máis de 200 deportistas de 17 clubs de Galicia, Castela e León e Portugal de entre 12 e 17 anos.

Como todos os anos con motivo da organización do campionato, a Escola de Taekwondo Garrapucho organiza unha recollida de alimentos en favor da Cociña Económica. Así, todo o que queira colaborar pode dar a súa achega no pavillón. A entrega realizarase alí mesmo aos responsables da centenaria institución coruñesa.

Ademais este ano a través da fundación de La Caixa obsequiarase ao Hospital Materno Infantil da Coruña cunha serie de xogos de mesa educativos, de estratexia de habilidade e culturais para os pacientes do devandito hospital.

Este torneo está a ser organizado pola Escola de Taekwondo Garrapucho en colaboración co Concello da Coruña, Federación Galega de Taekwondo, Deporte Galego e co patrocinio da Caixa, Tejados Galicia, Sierra y Generoso Abogados, Fractale, Grupo Oca, Gestoría Álvarez e Parrillada Casa Chicho.

1 de maio de 2014 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.