Máis de 170 persoas participarán na IV Marcha “Coñecendo Neda en Bicicleta”
Máis de 170 persoas participarán este domingo, 1 de xuño, na cuarta edición da Marcha Ciclista BTT “Coñecendo Neda en Bicicleta”. Marcha que este ano permitirá descubrir os lugares con máis encanto da parroquia de Viladonelle, punto de partida da ruta deste ano. Máis concretamente, a pista polideportiva da A.VV. O Castro. Organizada polas asociacións de veciños de Ancos, de Anca, San Pelaio do Roxal e O Castro de Viladonelle, así como polo Club Ciclista Real Vila de Neda e a A.D.R. Vara e Pedal, a proba conta coa colaboración do Concello, Protección Civil, Policía Local e de diversos establecementos comerciais.
O concelleiro de Deportes e Xuventude, Roberto Rey, explicou que os participantes concentraránse ás 10 horas na citada pista para partir media hora máis tarde. O remate da marcha está prevista para as 13 horas, no mesmo lugar. Entón, sortearánse diferentes agasallos entre os participantes máis novos, así mesmo ofreceráse un aperitivo para todos e todas de cara a recuperar forzas.











