Máis de 120 persoas participarán no IV Congreso de Fibrose Quística en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O sábado, 31 de maio, ás 9:30 horas, inicia o IV Congreso de fibrose quística que se organiza no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Está xa confirmada a asistencia de máis de 120 persoas, a metade destas de Galicia, para abordar durante tres días as novidades relacionadas con esta enfermidade xenética crónica que se estima que lle afecta a 1 de cada 5.000 nacementos.

A inauguración do congreso contará coas intervencións:

Presidente Federación Española FQ, Tomás Castillo

Presidente Asociación Gallega FQ, Juan da Silva

Presidenta Sociedad Española FQ, Dra. Amparo Solé

Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga

Dir. Xeral Asistencia Sanitaria Sergas, Félix Rubial

A través deste congreso, a Asociación Galega de Fibrose Quística pretende tamén activar o movemento asociativo da entidade visibilizando o seu labor dentro da comunidade e tamén mobilizando ás súas persoas asociadas para que asistan a este tipo de xuntanzas nas que poden informarse dos tratamentos máis novidosos, como ocorre co Kalydeco que, aprobado pola Axencia Europea do Medicamento, trata de maneira efectiva a mutación G551D da enfermidade, e que dende este congreso agardan que se subministre dende o Sistema Nacional de Saúde.

28 de maio de 2014 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.