Maio gastronómico e cultural na Guarda con bonos desconto
O Concello da Guarda organiza a campaña “MAIO GASTRONÓMICO E CULTURAL” onde a programación cultural mestúrase coa gastronomía. A finalidade é incentivar ós veciños e visitantes que non só gocen dos diferentes e variados actos culturais senón que coñezan a nosa gastronomía e viceversa.
Un total de 21 restaurantes da Guarda participarán nesta campaña, ofrecendo un incentivo aos seus clientes: BONOS CON DESCONTO DO 10 % os fins de semana do 6 ó 21 de maio.











