Lúa Piñeiro cae na primeira rolda do europeo sénior de taekwondo de Bakú
Lúa Piñeiro caeu na primeira rolda do Campionato de Europa Sénior de Taekwondo de Bakú (Azerbaiyán). O sorteo enfrontou a Lúa contra e eslovena Franka Anic e a galega caeu por 2-5.
Lúa coñecía á súa rival e os antecedentes eran positivos. Piñeiro eliminara a Anic con certa facilidade (14-8) no Europeo de 2012, pero nesta oportunidade a deportista do Olimpic non tivo sorte e non puido superala a pesar da boa preparación e moral coa que enfrontaba este Europeo. Lúa, no seu facebook, anuncia que “seguiremos adestrando e loitando por seguir na pomada. Estou segura de que chegará o día”.
Non foi positivo este Europeo para os deportistas galegos, xa que tanto Lúa coma Juan Fernández caeron no primeiro combate e non puideron amosar as súas condicións.











