publicidade hoxe

Limpeza do rueiro de Trabanca Badiña coa varredora da mancomunidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Trabanca Badiña é a parroquia elixida para comezar os traballos de limepza e acondicionamento dos rueiros do rural. As labores comezaron esta mesma mañá e se prolongarán ata o 14 de xuño, período no que Vilagarcía disporá da máquina varredora cedida pola Mancomunidade do Salnés.

A concelleira de Obras, Ana Granja, explicou que a idea é repasar as vías do rural que dea tempo neste quince días e continuar, polas que poidan quedar, na seguinte quenda de cesión desta varredora especial. A máquina cepillar o o firme para retirar os restos de terra que se acumulan en moitas vías do rural debido aos arrastres producidos polas intensas chuvias e que, ademais de xerar barro, representa un risco para a condución porque facilita o derrape.

Ademais de varrer a superficie, a máquina conta cun brazo lateral para usar sobre as cunetas á vez que limpa o firme. Deste xeito tamén se logra retirar a herba que medra nas marxes das estradas e que reducen a zona segura de tránsito dos peóns.

29 de maio de 2014 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.