Lampai acollerá a VI edición do Trial Concello de Teo
O alto de Lampai, o miradoiro da Grela concretamente, acollerá o próximo 1 de xuño a VI edición do Trial Concello de Teo. Trátase dunha proba deportiva organizada polo Club Motociclista Teo que conta coa colaboración do Concello de Teo. Precisamente esta mañá o presidente do Club, Casimiro García, conversaba co alcalde de Teo, Martiño Noriega e o edil de Deportes, Anxo Rei, para explicarlle o programa da competición.
O domingo un de xuño reuniranse os deportistas da categoría absoluta para disputar as diferentes probas entre as 10:00 e as 14:00 horas, momento no que está previsto a entrega de premios. Segundo nos indica Casimiro García neste momento está previsto a participación de 36 persoas na proba.
Unha das particularidades deste trial que se celebra en Lampai é a copa infantil que se disputará na tarde do 31 de maio, dende as 16:00 horas. Este ano participarán dez rapaces de entre 5 e 13 anos.
O Trial Concello de Teo conta coa colaboración da Deputación da Coruña, de Deporte Galego, da Federación Galega de Motociclismo, de Gadis, de Gráficas Aguiño e de Toffe (Servicios Integrales de Hostelería).