Junyent e Diop acompañan ao CB Compañía de María no adestramento

Visita dos xogadores ao centro educativo
As novas promesas do baloncesto compostelano contaron coa presenza de dous pívots imponentes, un consagrado como Junyent, e outro que está por desenvolverse como Diop.
Ambos estiveron entre as 18 e as 19 horas no pabellón do CB Compañía de María, onde se exercitaban algúns equipos do club que xa afrontan a recta final da presente tempada. Tras compartir uns instantes emotivos cos pequenos, os obradoiristas explicaron os detalles do II Campus Obradoiro CAB Barbanza, orientado a mozos e mozas de entre cinco e dezaoito anos.
O obxectivo desta cita, que será en Boiro entre o 30 e o 5 de xuño con prezos de entre 149 e 245 euros, é o desenvolvemento global dos mozos a través do baloncesto coa mellora das habilidades técnico-tácticas e o fomento de valores como a cooperación, o compañerismo e o respecto.
O club ofrece múltiples descontos para abonados e/ou accionistas, membros do Club de Empresas Obradoiro (149 externos e 189 euros media pensión); xogadores da Selección Galega (156 e 196 euros); clubs con convenio (165 e 209 euros); e Federados (175 e 219 euros). O prezo da actividade inclúe todo o material do campus: un balón, unha equipación completa, unha mochila e un diploma acreditativo. Tamén se regalará aos participantes unha entrada para o partido de presentación do Rio Natura Monbus da seguinte tempada.
Os interesados poden inscribirse cubrindo o formulario nas oficinas do Rio Natura Monbus no Multiusos Fontes do Sar, de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas, ou na “Miudiño Store” de Área Central de mércores a sábado de 17.00 a 22.00 horas. Si o prefiren, tamén poden facelo mediante o correo electrónico campus@obradoirocab.com, enviando o formulario cuberto e o xustificante bancario de pago.











