Juan Fernández cae na primeira rolda do Europeo Sénior de Taekwondo de Bakú

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O galego Juan Fernández caeu na primeira rolda do Campionato de Europa Sénior de Taekwondo, que se está a celebrar en Bakú (Azerbaiyán) entre os días 1 e 5 de maio.

O deportista do Natural competiu na segunda xornada do Europeo e o sorteo marcou que comezaba o campionato fronte ao bieloruso Andrei Svirski. E caeu neste primeiro combate por un resultado de 4-2. Duro final para a traxectoria de Juan Fernández no Europeo, que preparara con moita ilusión e traballo.

Agora estaremos pendentes da actuación de Lúa Piñeiro (-67), que loitará polo título continental o día 4 de maio, contra 15 taekwondistas máis. Aínda non se coñecen os cruces.

Lúa chega a esta competición moi animada despois de lograr o triunfo no Open de Alemaña, un torneo moi importante, de categoría G1 e que outorga puntos para o ránking da WTF.

2 de maio de 2014 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.