publicidade hoxe

IV Marcha Ciclista BTT “Coñecendo Neda en Bicicleta”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesNeda
A-
A+

Neda acollerá o domingo, 1 de xuño, a IV Marcha Ciclista BTT “Coñecendo Neda en Bicicleta”. Organizada polas asociacións de veciños de Ancos, de Anca, San Pelaio do Roxal e O Castro de Viladonelle, así como polo Club Ciclista Real Vila de Neda e a A.D.R. Vara e Pedal, a proba conta coa colaboración do Concello de Neda, Protección Civil, Policía Local e de diversos establecementos comerciais.

O concelleiro de Deportes e Xuventude, Roberto Rey, explicou que os participantes partirán da pista polideportiva da AA.VV. O Castro Viladonelle, ás 10,30 horas (media hora antes está programada a concentración dos ciclistas neste punto). Realizarán entón un itinerario no que descubrirán os lugares con máis encanto da parroquia de Viladonelle. Así mesmo, o remate da marcha está prevista para as 13 horas, no mesmo punto de partida.

Ao rematar o percorrido, sortearánse diferentes agasallos entre os participantes máis novos, así mesmo ofreceráse un aperitivo para todos e todas de cara a recuperar forzas. As inscripcións para a participación nesta marcha deberán facerse antes do 27 de maio. ¿Lugares? No Mesón O Pío (Piñeiros), Mesón Ourra (Xubia), Cantina Polideportivo (O Roxal), Café Bar Graña (Cruz do Pouso), Mesón O Forno (Bouza Redonda), Café Bar A Canteira (O Puntal), O Lagar (Neda), Café Bar Río (Neda), Café Bar Jupe (Neda), Café Bar Os Rubios (Neda) e Café Bar Bruno (Finca Dopico). Tamén, no teléfono 659 468 388.

Por último, sinalar que poderán participar todas as persoas interesadas maiores de 10 anos. Os menores, acompañados dun adulto. O uso do casco, obligatorio.

15 de maio de 2014 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.