Intenso fin de semana na comunidade galega con catro sectores de fases estatais de balonmán
Intenso fin de semana para o balonmán galego. Nos días 16, 17 e 18 de maio celebraranse en Galicia catro sectores de fases finais de campionatos estatais (cadete masculino, cadete feminino, Primeira División Feminina e Segunda División Masculina), e ademais catro equipos viaxarán para buscar a súa clasificación lonxe de casa.
Cadete feminino: O Carballal acollerá o sector A da Segunda fase do Campionato Estatal Cadete feminino, mentres que o Seis do Nadal viaxará a Fuerteventura. En xogo, a clasificación para a fase final que se celebrará os días 28, 29, 30 e 31 de maio e 1 de xuño. Logran o pase o primeiro clasificado de cada grupo.
O primeiro sector, coa presenza do Carballal, celebrarase en Vigo, coa participación de Zonzomás, Errotabari e C.L.E.B.A. O Carballal comezará o sector fronte a Arrotabarri (20:30 horas). O Seis do Nadal terá unha viaxe complicada, xa que disputará o sector H en Fuerteventura, xunto a Morro Jable, BM Dos Hermanas e C.H. Sant Vicenç. Seis do Nadal debutará no sector contra o conxunto canario (20:00 horas).
Cadete masculino: En Bueu celebrarase o sector A, organizado polo Bueu Atlético Balonmán, mentres que o BM Luceros será visitante en Valladolid. O campión de cada grupo logra a clasificación para a fase final.
O primeiro sector, coa presenza do Bueu, celebrarase na localidade do Morrazo, e no mesmo participarán o Ademar, BM Alcobendas e Covadonga. O Bueu comezará a competición o venres 16 de maio contra o Alcobendas (20:30 horas).
Pola súa banda o BM Luceros terá que viaxar a Valladolid, para enfrontarse ao Cuatro Rayas Valladolid, Knet Calasancio e Euskalduna Zkez. Difícil debú para o conxunto do Morrazo: O primeiro partido será contra o conxunto vallisoletano. (18:45 horas).
Primeira División Feminina: BM Lavadores (en Vigo) e Rasoeiro participarán na Fase Estatal da Primeira División Feminina, dos que sairán os equipos que lograrán ascender a División de Honra Prata Feminina. Lograrán o ascenso a División de Prata Feminina, tal e como establece a NO.RE.BA, os primeiros clasificados en cada un dos sectores e os dous mellores segundos clasificados dos seis grupos.
Os encontros xogaranse do 16 ao 18 de maio e Vigo acollerá o grupo A co BM Lavadores coma organizador. O club vigués enfrontarase a Terras de Barros (día 16 de maio, 20:30 horas), Carabanchel e Reocín Santillana.
Ademais, o Rasoeiro participará no sector B, que se disputará en Guipúzcoa, coa participación de Rasoeiro, Usurbil KE, CD Tahiche e Lagunak. O primeiro choque será o venres 16 a partir das 16:00 horas.
Segunda División Masculina: BM Cañiza e ED Poio Artai participarán na fase estatal de Segunda División Masculina, dos que sairán os equipos que lograrán ascender a Primeira Nacional coa participación de BM Cañiza e ED Poio Artai, en representación da Federación Galega de Balonmán. Lograrán o ascenso a Primeiro Nacional, tal e como establece a NO.RE.BA, os dous primeiros equipos clasificados en cada un dos seis sectores.
Os encontros xogaranse do 16 ao 18 de maio e A Cañiza acollerá o primeiro grupo, co BM Cañiza coma organizador, e xogará contra Cafés Toscal, BM Vallabuelna e UEMC BM Valladolid. A primeira xornada enfrontará a BM Cañiza e Vallebuelna (20:30 horas). O Poio viaxará a Guipúzcoa para a disputa do sector B e comezará o sector contra CRON Base Oviedo (19:45 horas). Ademais, tamén terá que enfrontarse a Usurbil e Puerto del Carmen.











