Instálase a baranda do estanque da Alameda Nova de Cangas

Estanque da alameda coa nova baranda
Membros da brigada de obras do Concello de Cangas remataron hoxe de colocar a baranda de protección no estanque dos Xardíns do Sinal.
Con esta medida dende o concello preténdese reforzar a seguridade nesta zona frecuentada habitualmente por cativos.
Dende a Concellería de Deporte estase estudando a posibilidade de colocar nas inmediacións do estanque dúas zonas para o xogo da petanca.











