publicidade hoxe

Iníciase a conta atrás para o festival Sons do Coto en Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

O evento comezará o venres 23 a partires das 17:00h. con actividades, apertura de stands de artesáns e colectivos colaboradores, para dar logo paso aos concertos: un día no que terán protagonismo músicas coma o hip-hop de ConVersos, as versións da chanson francesa de French Connection Quartet e o rock-indie-pop de grupos como Champurrada, The Grave Dolls e The Trunks.

Para o sábado 24 existe un amplo programa de actividades (sendeirismo e roteiros culturais, poesía, degustación de cervexa artesana, charlas e conferencias sobre enerxías renovables e permacultura, etc.), e un cartel interesante de concertos a partires das 19:00h. Nesta noite ofreceránse novas músicas de folque-fusión e electrónica: Primordiais, trío Xonxas, A Máquina de Meter Medo (música para zanfona e electrónica) e os portugueses Charanga, que apresentarán a sua particular visión da música tradicional “de avangarda”.

O domingo, por último, está reservado para a música máis tradicional, con concertos dos pandereteiros O Tear de Llerena -que voltan con forza ao panorama musical galego-; pandereteiras do Suído e as Rexubeiras (da A.C. Trépia).

O proxecto conta co apoio do Concello de Cerdedo, e finánciase a través dunha iniciativa de micromecenazgo na plataforma Verkami (www.vkm.is/sonsdocoto); desde a cal calquer persoa pode facer achegas económicas ao proxecto (en distinas contías), recibindo unha serie de recompensas a cambio (entre elas, CD’s dos grupos participantes, camisolas e entradas a prezo reducido para o festival).

O prezo da entrada na billeteira -calquer dos días do festival- será de 20 € para os tres días, con dereito de acampada e acceso a todo o recinto e concertos.

19 de maio de 2014 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.