Inícianse as obras na Alameda do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Este martes comezarán as obras na praza da Alameda do Carballiño, que consistirán na reposición do empedrado en toda a rúa Alameda, así como o lousado da zona peonil. Para iso, desde o luns, cortouse o tráfico na citada rúa. Corte que permanecerá mentres duren as obras. Tamén se inclúe neste proxecto municipal a conversión das fontes piramidais da praza en bancos, con xardineira na súa parte traseira, onde nun inicio había auga.

Así mesmo limparase o monumento do Munten, situado na praza do Emigrante, e reporase o recubrimiento do estanque que o rodea. Doutra banda, a pasada semana, comezaron as obras incluídas no plan marco asinado da consellería de medio Rural para mellora de camiños de titularidade municipal, e no que se van a investir no municipio do Carballiño máis de 50.000 euros. Os proxectos incluídos neste plan marco son: afirmado dos accesos a Mosteiro- Paradela, Mesego-Corrredoira, Mesego- Corval, Sagra-Fraga, Gouxiña e Señorín.

Doutra banda o edil de Obras Magin Daparte mantivo a pasada semana unha reunión co responsable do servizo e o enxeñeiro da COTOP, para iniciar a formulación da obra de mellora da avenida de Julio Rodríguez Soto, rotonda da Alameda, Martínez Avellanosa e Conde Vallellano. Uns traballos que pretenden se inicien canto antes.

5 de maio de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.