Inauguradas as instalacións do centro sociocultural de Taboadelo no concello de Pontecaldelas

Inauguración do centro cultural de Taboadelo en Pontecaldelas
A Comunidade de Montes de Taboadelo (Pontevedra) inaugurou as instalacións do seu centro sociocultural, que está situado na antiga rectoral parroquial, segundo informaron dende o concello pontevedrés de Pontecaldelas.
O centrosociocultural, creado para uso e desfrute dos veciños, recibiu unha subvención do concello de Pontecaldelas duns 30.000 euros. Deste xeito, o acto de inauguración contou coa presenza do alcalde, Perfecto Rodríguez; os voceiros do PSdeG-PSOE e do BNG; e varios membros da corporación local.
A placa conmemorativa do acto inaugural, que está situada na fachada principal da antiga rectoral de Taboadelo, foi descuberta polo primeiro presidente da Comunidade de Montes da parroquia, Armindo Barros.











