II Quedada Fotográfica Real Vila de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello organiza mañá sábado, 10 de maio, a segunda edición da Quedada Fotográfica Real Vila de Neda, na que se prevé tomen parte unhas cincuenta persoas de todas as idades afeccionadas á fotografía. A Quedada estará centrada no Camiño Inglés ao seu paso polo municipio, e partirá ás 10 horas do Albergue Municipal de Peregrinos. Colabora o fotógrafo local Tomás Morado e a Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil, así como estudantes de Turismo, actualmente en prácticas no consistorio, que darán detalle dos recursos turísticos da ruta a realizar.

9 de maio de 2014 | 11:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.