II Mercado da Verdura no Cárcere Vello de Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O “cárcere vello” na rúa Sanz, no Conxunto Histórico de Tui, acollerá este sábado o segundo “Mercado da Verdura” tras o éxito no comezo desta iniciativa o pasado 27 de abril.  Esta actividade está promovida polo Concello de Tui, o Foro Tude e a Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos, APEGA, co obxectivo de establecer un punto de venda para estes produtos e ao tempo dinamizar a zona monumental da cidade.

Este mercado celébrase cada segundo e último sábado de mes de 10 a 14h achegando produtos ecolóxicos de produtores locais. Repolos, tirabeques, fabas, acelgas, leitugas, queixos, pan ou viños ecolóxicos son algúns dos produtos que se poñen á venda xunto a herbas aromáticas entre outros. Amais haberá actividades paralelas para dar a coñecer estes produtos e degustacións.

O primeiro mercado celebrado o pasado 27 de abril tivo unha excelente acollida por parte do público de xeito que se esgotaron todos os produtos postos á venda.

9 de maio de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.