II edición de Cantos de Taberna – Hai que cantar! en Ourense
Un grupo de alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa organiza a II Edición de Cantos de Taberna – Hai que cantar.
A cidade de Ourense conta cunha riquísima tradición cultural vencellada ao mundo da festa e do viño. Se a isto lle sumamos que ten unha das zonas vellas máis ricas, dinámicas e máis integradas na súa cidadanía de cantas hai en Galicia e que conforma unha das máis importantes e coñecidas zonas vitivinícolas do noso país, obtemos a necesidade dunha actividade coma a que este mozos propoñen.
Coa II Edición de Cantos de Taberna-Hai que cantar queremos, ao igual que na primeira edición, reivindicar os cantos de taberna, que por moi diversos motivos foron desaparecendo dos bares e tabernas do país. Esto sería moi positivo na recuperación e posta ao día das nosas tradicións.
Para levar esto a cabo propoñen un evento dunha xornada única dedicada exclusivamente ao canto na que, vaias a onde vaias, a música tradicional sexa a protagonista. A programación comezará cun encontro de todos os grupos na Praza do Ferro de Ourense ás 20:15 para, acto seguido, dar comezo ao roteiro polos bares participantes dende as 20:30 ata as 00:30 que rematás con todos os grupos reunidos de novo na Praza do Trigo. A dinámica consistirá en actuacións de uns 30-35 minutos dos grupos participantes polos locais escollidos.











