II Campus de Cociña Infantil CompH!ostelería
O que se pretende coa organización deste Campus de Cociña Infantil é fomentar entre os nenos/as participantes a cultura gastronómica e crear unha conciencia de alimentación sa e saudable afondando en todos aqueles elementos que teñen que ver coa alimentación: materias primas (peixes, carnes, hortalizas, legumes, froitas, etc), o proceso de elaboración na cociña, a limpeza e a preparación dos alimentos, e a importancia dos sentidos para apreciar os matices e a riqueza da nosa cultura gastronómica.
Ao longo deste campus desenvolveranse diversas actividades como visitas ao mercado; obradoiros do gusto e dos sentidos, do leite e do queixo, dos peixes e dos mariscos, da carne, do chocolate; manualidades gastronómicas e outras actividades tan importantes como o hábito de poñer e de recoller a mesa para o xantar.
Fomentar a conciliación da vida laboral e familiar, ensinarlles aos nenos/as a importancia de comer toda clase de alimentos, porque cada un deles cumpre unha función no noso organismo, identificar os alimentos básicos da nosa alimentación e os seus nomes e facer que os nenos/as gocen dunha experiencia única son os obxectivos máis salientables deste Campus de Cociña Infantil CompH!ostelería, co que queremos abrir as portas do noso Centro de Formación e Cultura Gastronómica á sociedades en xeral. No correo anexo enviamos toda a información referente ao II Campus de Cociña Infantil CompHostelería.
Dende o 23 de xuño ata o 18 de xullo en quendas semanais. De luns a venres de 09:00 a 14:30 horas. Para nenos/as de entre 6 e 12 anos











