Gran final do concurso musical Canta Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolXuventude
A-
A+

A Concellería de Igualdade e Xuventude do Concello de Ferrol, que dirixe Verónica Casal Míguez, encherá mañá sábado de xente a praza de Amboage coa Gran Final do Canta Ferrol, certame que celebra a súa segunda edición e que se ten convertido nunha cita ineludible para a mocidade de Ferrol e comarca. Así, 23 noveis talentos medirán maña as súas voces a partir das 18.00 horas, nun evento que contará coas actuacións de Jaume Mas, finalista do concurso de televisión “La Voz”; Jorge González. Ex concursante de “Operación Triunfo” y “La Voz”; e o dúo musical K-Narias formado polas irmáns Gara e Loida. Ademais de facer de xurado, estes artistas interpretarán un total de nove temas ao longo da velada.

A titular de Igualdade e Xuventude destacou de Canta Ferrol o feito de que “sexa unha oportunidade de participación dos estudantes da zona e para descubrir novos talentos no ámbito da interpretación, aínda que o máis importante é que este certame serve de espazo de encontro e de expresión para a mocidade”. Así mesmo, Casal Míguez tamén subliñou que con este evento “contribuímos a dinamizar as rúas do centro da cidade, posto que dende a organización se prevé que un gran número de público de dentro e de fora da cidade asista mañá a praza de Amboage”.

Unha vez realizado o proceso de inscrición e selección de candidatos son 21 os noveis talentos de entre 12 e 18 anos de idade que representarán aos seus colexios e institutos na Gran Final de mañá. Estes candidatos proceden de 48 centros de educación Primaria e Secundaria de toda a comarca que aceptaron o convite a participar neste concurso musical. Os 21 estudantes que se darán cita mañá na praza de Amboage son: Elisa Sardiña López del CEIP Couceiro Freijomil,AlbRodríguez PérezAlicia España Paz María Fernández Pérez del CPI San SadurniñoAndrea, Sara Cerezuela de la Barrera del IES Castro da Uz, ,Iria Domínguez Sánchez del CPR San Jose, César Figueira Montero del IES Saturnino Montojo, Candela Quintia Romero del CPI A Xunqueira, Candela Fernández López del IES Sofía casanova, Lucía Pazos del IES Concepción Arenal, Iria López Gayoso del CPR Santiago Apóstol, Eloís Pérez López del IES Moncho Valcarce, Ismael Taboada Pérez del IES As Teilleiras, Patricia Montero Rodríguez del IES Canido, Jennifer Feal Mejide del CPI Virxe da Cela, Alba Romero Monteiro del CPR Santa Juana de Lestonnac, Andrea Vilariño Fernández del IES de Fene, María García-Cruz de Felipe del CPR Cristo Rey, Iria Regueiro Cruz del IES Mugardos, Lidia Rico Sánchez del IES Breamo, Nerea López Otero del IES Ricardo Carballo Calero, Pilar Vila Boo del CPR Tirso de Molina e Irene Caruncho Iglesias del IES Punta Candieira.

Quince finalistas subirán ao escenario de Amboage

Destes 21 candidatos, soamente 15 terán a ocasión de subir a cantar ao escenario da praza de Amboage para converterse na Mellor Voz de Ferrolterra. Estes serán preseleccionados polos membros do xurado. En directo, durante a gala, coñecerase a identidade dos finalistas; e aquel que resulte máis votado será proclamado a Mellor Voz de Ferrolterra e gañará un cheque de 300 euros así como un curso musical valorado en 200 euros na Escola Alborada de Ferrol. Así mesmo, o centro comercial Parque Ferrol entregará o premio “Meréceste o mellor”, que consiste nun vale de compra por valor de 300 euros.

Por último, ademais dos finalistas, a gala contará coa participación de Miriam Rodríguez Gallego, gañadora da primeira edición de Canta Ferrol; e Rocio Varela, concursante tamén na primeira edición e que actualmente está representando á comarca no concurso musical Retrancos da TVG.

16 de maio de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.