Gran éxito na primeira xornada da “Cidade do Futsal”

“A Cidade do Futsal”
Desde as 10,30h da mañá, centos de nenos achegáronse até a Cidade da Cultura para gozar de “A Cidade do Futsal”, 3000 m2 de fútbol sala e lecer, onde pequenos e maiores gozaron dunha xornada inesquecible.
O pistoletazo de saída deuse co corte inaugural no que estiveron presentes, Javier Rico, xerente da Fundación Deporte Galego, Alfredo Couce, Director de Operacións en Santiago do Banco Sabadell, Baltasar Alcalde, Director Comercial Rexional do Banco Sabadell, Ramón García, presidente do Santiago Futsal e Paco García, xerente de Dynamic Events Sport, empresa organizadora do evento.
Ás 11h botou a rodar o balón cos grupos que competiron de mañá. O resto de nenos e nenas puideron gozar coas actividades de lecer preparadas para eles, como un futbolín xigante, un castelo inchable, unha pista de volley, unha cancha de baloncesto e o chutódromo, que foi un dos que máis éxito tivo, e que ademais entregou o tres primeiros reloxos Select do día ao tres pequenos que máis puntuación lograron.
Pola tarde, continuou a competición co groso dos equipos, que a pesar da choiva, continuaron gozando co apoio dos seus familiares e amigos.
Durante toda a xornada, os pequenos protagonistas recibiron a visita dalgúns xogadores do Santiago Futsal, como Barroso, Hamza, Raúl e Santi, que asinaron autógrafos e fotografáronse cos nenos e nenas. Tamén foron os encargados de entregar os premios aos Reyes de Chutódromo.
Os equipos clasificados para a fase final de mañá (un total de 32 dos 41 que competiron), terán que estar ás 9,30h fronte á zona de competición para elixir aos dous equipos gañadores desta I MiniFutsal Cup.
Os equipos clasificados para mañá son os seguintes:
SERIE A
Grupo 1
Clan de Sala
Vos Anxiños
La Salle C
Grupo 2
Vos Viquingos
Sporting Furoca
Grupo 3
Jogo Bonito
Estrada Futsal
Bertamiráns B
Grupo 4
La Salle E
La Salle F
Os Trolling
Bertamiráns A
Grupo 5
La Salle B
La Salle A
Vitoria CD
Cluny
SERIE B
Grupo 1
Amio SD B
Bertamiráns E
Bertamiráns F
Amio SD C
Grupo 2
Vos Rapeiros de Lameiro
Calo SR C
La Salle I
Enorbita
Grupo 3
Faíscas FS
Calo SR B
La Salle K
Vos Peleóns
Grupo 4
Calo SR A
Amio SD A
La Salle G
Brión Futsal 2014











