Gran éxito de participación nas visitas culturais da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Os veciños da Guarda na visita a Betanzos

Os veciños da Guarda na visita a Betanzos

O Concello da Guarda iniciou o pasado sábado as visitas culturais con gran éxito de participación, pois foron máis de 50 persoas as que levaron a cabo unha visita guiada por Betanzos.

Comezaron facendo unha ruta polos xardíns e no interior de O Pazo de Mariñán. Trala visita da mañá, continuaron ata Betanzos, para ás 15 horas realizar unha visita guiada polo casco histórico, coñecendo a Praza do Irmáns García Naveira, Porta da Vila, Praza da Constitución, igrexa e varios pazos.

A segunda parte da visita centrouse no Parque Pasatempo, concebido por un indiano como parque enciclopédico de finais do século XIX. O parque sorprendeu ós visitantes nos seus 90.000 m2 con xardíns, estatuas, fontes, monumentos, edificios, etc. O remate da ruta tivo lugar no Mirador Chinesco, excelente mirador do parque e da cidade de Betanzos.

O Concello da Guarda quere agradecer á Deputación da Coruña e ó Concello de Betanzos a atención recibida.

26 de maio de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.