Gran éxito de participación na primeira xornada de “Sendeiros Rías Baixas” en Cangas

Participantes na ruta
Na mañá de hoxe déronse cita na ‘Caracola’ medio centenar de persoas para participar na primeira xornada da iniciativa da Deputación de Pontevedra ‘Sendeiros Rías Baixas’ anotados na institución provincial e na Oficina Municipal de Turismo. Entre os participantes, que foron obsequiados cunha bolsa con información turística e unha botella de auga, estaban o alcalde de Cangas José Enrique Sotelo, a deputada provincial Begoña Estévez así como varios membros da corporación local. A actividade, que foi totalmente gratuíta, consistiu na realización dun percorrido guiado con saída na ‘Caracola’, en Donón, en plena Costa da Vela. O recorrido, que seguiu a maior parte do Sedeiro Azul de Donón, tivo unha lonxitude de 8 quilómetros pasando polo centro da aldea, a praia de Barra ata cabo Pequeno, dende alí ata a praia de Melide onde instalouse un punto de aprovisionamento, pasando por Cabo Home para volver ao punto de encontro na ‘Caracola’. Durante actividade os camiñantes estiveron acompañados por vehículos de apoio. A ruta contou cunhas condicións meteorolóxicas magníficas o que permitiu aos participantes gozar das espectaculares vistas da ruta presididas polas Illas Cíes e o Monte do Facho co santuario castrexo adicado ao Deus Berobreo no alto o cal puido ser visitado polos camiñantes de xeito opcional ao finalizar a ruta.
O próximo1 de xuño terá lugar no concello de A Guarda a próxima ruta de sendeirismo polos Camiños do Tegra. O prazo de inscrición remata o 28 de maio.











